Descubrindo Compostela
Hoxe desprazámonos a Santiago de Compostela para ver o casco histórico, a catedral e o Museo do Pobo Galego, onde tamén puidemos visitar as estatuas do Mestre Mateo, recentemente recuperadas polo Concello de Santiago despois de seren espoliadas polo franquismo.
Os equipos traballaron moi ben para resolver o xogo de pistas en diferentes idiomas no museo e tamén superaron os retos cos que coñeceron algo máis sobre a historia da nosa capital.
Hoy nos desplazamos a Santiago de Compostela para visitar el casco histórico, la catedral y el Museo do Pobo Galego, en donde también pudimos ver las estatuas del Maestro Mateo, recientemente recuperadas por el Concello de Santiago tras ser expoliadas por el franquismo.
Los equipos trabajaron muy bien para resolver el juego de pistas en diferentes idiomas en el museo y también superaron los retos con los que conocieron algo más sobre la historia de nuestra capital.