Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Primer día en Ies Sanxillao

Hoxe, a profesora Olga Rodríguez Sánchez e a directora Angela  Gómez Doval deron a benvida no centro ao alumnado e ao profesorado do Lycée Jean Brito de Bain-de-Bretagne. Tras un breve percorrido, no que se presentou o centro e o programa de actividades do proxecto, todos puideron gozar dun delicioso almorzo de benvida ofrecido polo Ciclo de Hostalaría e Turismo do IES Sanxillao. A continuación, o alumnado francés participou nunha visita guiada para coñecer o centro histórico de Lugo. Ás 11:00 puideron gozar da Domus do Mitreo, unha visita ao pasado romano da cidade. Tras unha pausa para o café, ben merecida, descubriron a Casa dos Mosaicos, unha xoia agochada no subsolo do centro da cidade, tamén coñecida como Domus Oceani. Finalmente, regresaron ao centro e incorporáronse ás clases. Aujourd'hui, les élèves et les enseignants du Lycée Jean Brito de Bain-de-Bretagne ont été reçus par Madame le Proviseur Angela Gómez et la professeure Olga Rodríguez. Après une brève visite pour déco...

Le voilà, le 4 mai!

 😀 Hoxe chegaron os nosos correspondants e as suas profesoras ! Benvidos a Galicia! É un verdadeiro pracer recibervos e darvos a benvida a tod@s.  Agardamos que desde o primeiro momento vos sintades como na casa e que esta semana sexa unha experiencia inesquecible para cada un de vós. Agárdavos un programa preparado con moita ilusión, pensado para achegarvos á nosa cultura, ás nosas tradicións e ao noso modo de vida. Desexamos que gocedes de cada actividade, de cada encontro e de cada recuncho que descubrades, e que cada experiencia vos enriqueza tanto a nivel persoal como cultural. Galicia é terra de paisaxes, de historia e de xente acolledora. Oxalá poidades levar non só fermosos recordos, senón tamén novas amizades, aprendizaxes e momentos que perduren no tempo. Desexámosvos unha feliz estancia e unha semana chea de descubrimentos, sorrisos e vivencias únicas. Benvidos e que gocedes ao máximo desta experiencia! Bienvenue en Galice ! C’est un véritable plaisir de vous accue...